Seguidores

miércoles, 20 de junio de 2018

Normas xogos olimpicos

Neste ultimo curso que xa rematou realizouse uns xogos olimpicos no que habia os seguintes deportes:
 Tenis de mesa,Baloncesto, Brilé e Atletismo (50 m lisos, 50 m obstáculos, 200 m relevos e 500 m marcha).
este foi o sistema de puntuacion que se realizou:
Por participar nunha competición:                                                        +10 puntos
Por ter compoñentes de ambos sexos na competición:                          +10 puntos
Por participar en todas as competicións celebradas:                            +25 puntos
Por participar no total de competicións máis do 50% da clase:            +10 puntos
Por participar no total de competicións máis do 75% da clase:            +25 puntos
Por participar no total de competicións o 100% da clase:                    +50 puntos
Por gañar unha competición:                                                                 +50 puntos
Por quedar segundo nunha competición:                                               +35 puntos
Por quedar terceiro nunha competición:                                               +25 puntos
Por quedar cuarto nunha competición:                                                  +15 puntos
Por chegar á fase final dunha competición:                                           +10 puntos
Por anotarse e non acudir á competición:                                               -10 puntos
Por non acudir a arbitrar:                                                                       -10 puntos
Por cada sanción (poderase sancionar a alumnos
que non estean xogando):                                                                        -10 puntos

NORMAS BRILÉ




Xogáronse por equipos de máximo 10 membros e mínimo 7 coas seguintes normas

Se un equipo ten 10 e o outro 7, o de 7 terá 3 vidas que serán utilizadas ao principio do partido 
(NON se poderán usar as vidas ao final).
Se un equipo ten menos de 7 membros, como máximo, terá 3 vidas.
Xogarase ao mellor de 3 partidos (sempre que o tempo o permita). En caso de que se estea a xogar
o partido de desempate e os dous equipos teñan o mesmo número de xogadores no campo, continuarase
o partido ata que haxa un brilado e este non se salve.
Para brilar a un xogador debe darlle o balón directamente (sen botar antes no chan). Se o xogador colle
o balón antes de que toque o chan, é salvado. Se o balón dá en varios xogadores e acaba caendo no chan,
TODOS os xogadores que tocou serán brilados.
O brilado pasa ao campo de brilados e pode salvarse se brila a un contrario. Se a pelota dá nun xogador 
e a pelota cae ao chan, o xogador será brilado, indepentemente de onde caia a pelota. O última brilado
dun equipo ten un último tiro para poder salvarse. 
O xogo remata cando todos os xogadores de un equipo son brilados ou pasen 20'. Neste último caso, 
o gañador será o que máis partidas completas gañara. Se non se completou ningún partido, o gañador 
será o que teña máis xogadores no campo nese momento.
NON SE PODEN PISAR AS LIÑAS EN NINGÚN MOMENTO. 
Cando se pise a liña, anularase o tiro e se lle dará un aviso a todos os xogadores recordando a norma, 
á segunda vez, o xogador que incumpra a norma será eliminado.

viernes, 15 de junio de 2018

Fútbol sala


Aquí vos deixamos un pequeno vídeo como resumo do torneo de fútbol sala.

Normas atletismo.



  •  50 m lisos. Será no pavillón. Dende unha portería a outra. Gravarase a liña de meta para consultar a gravación en caso de dúbidas. A gravación borrarase unha vez firmada a acta. Estableceranse varias eliminatorias o mesmo día. Gañará o primeiro que cruce a meta.
  •  50 m valados. Será no pavillón. Dende unha portería a outra. Os valos non serán moi altas para evitar accidentes. Gravarase a liña de meta para consultar a gravación en caso de dúbidas. A gravación borrarase unha vez firmada o acta. Estableceranse varias eliminatorias o mesmo día. Gañará o primeiro que cruce a meta.
  •  200 m relevos. Será no pavillón. Dende unha portería a outra. O equipo estará formado por catro membros, que deberán pasarse o relevo entre eles. O relevo darase de fronte, xa que o cada relevo sae en dirección contraria ao relevo anterior. Gañará o equipo no que o último relevo cruce de primeiro a meta.
  •  500 m marcha. Será no pavillón. En total 4 voltas ao campo. Os alumnos deben camiñar o máis rápido posible (marchar) sen chegar a correr. Gañará o primeiro que cruce a meta.


Campeonatos de bádminton

 Vinte dos nosos alumnos o sábado desprazaronse ao Pavillón Álvaro Pino de Ponteares para competir no provincial de bádminton.

Competiron baixo o nome de Agrudebam, agrupación deportiva do noso centro. Era unha competición por equipos de 5 ou 6 xogadores que debían enfrontarse individualmente con membros do outro equipo. O que máis partidos individuais gañase fariase co campeonato.

Os resultados para os nosos alumnos foron:

-Bronces para infantil femenino (Daniela, Jessica, Noelia, Laura, Noemi e Noelia)
-Cadete feminino (Daniela, Carla, María, Yesenia, Lorena e Ariadna) 
-Cadete masculino (Pedro, Alexandro, Rubén, Bruno e Lucas)
-E prata para infantil masculino (Hugo, Jesús, Borja, Xabier, Iván e Miguel). 











Normativa tenis de mesa

                                              
-Xogarase ao mellor de tres xogos (sets), e cada xogo é a 11 puntos con    diferenza de 2.

-O primeiro xogador en sacar (servizo) determínase de forma aleatoria. Cada xogador sacará dúas veces pasando a continuación o saque ao xogador ou parella contraria. Non fai falta sacar en diagonal.O xogador que comeza nun lado nun xogo (set) deberá cambiar de lado no seguinte xogo do partido. No último xogo do partido os xogadores cambiarán de lado cando o primeiro xogador anota 5 puntos.

-Un servizo realízase pondo a pelota na palma da man. Lánzase polo menos a 16cm de altura e golpéase de forma que dea o primeiro bote no lado da rede do xogador que serve. Despois deste primeiro bote, a pelota debe botar no lado do opoñente antes que este lle dea coa súa pa.

-Cando un xogador golpea a pelota, non pode botar no seu lado, pero si pode dar un bote no lado do opoñente. Un xogador gaña un punto se a pelota dá dous botes ou máis no lado do opoñente; se o adversario golpea a pelota e esta cae fóra da mesa sen que botase no outro lado ou a golpeou o outro xogador ou se o opoñente golpea a pelota e bota primeiro no seu lado da mesa.

-Mentres a pelota está en xogo non se permite mover a mesa nin tocala con calquera parte do corpo ou obxecto que non sexa a pa. Será punto para o contrario.
Resultado de imaxes para tenis de mesa

Final Fútbol Sala

Fai 15 días disputouse a final do torneo de fútbol sala dos grupos a partir de 3ºESO. Os finalistas de este torneo foron 2ºBAC B e 1ºFOR.
O partido estivo moi igualado rematando no tempo regulamentario en empate a dous. Nos penaltis venceu finalmente 1ºFOR.
Noraboa ao equipo gañador.