Seguidores

miércoles, 20 de junio de 2018

NORMAS BRILÉ




Xogáronse por equipos de máximo 10 membros e mínimo 7 coas seguintes normas

Se un equipo ten 10 e o outro 7, o de 7 terá 3 vidas que serán utilizadas ao principio do partido 
(NON se poderán usar as vidas ao final).
Se un equipo ten menos de 7 membros, como máximo, terá 3 vidas.
Xogarase ao mellor de 3 partidos (sempre que o tempo o permita). En caso de que se estea a xogar
o partido de desempate e os dous equipos teñan o mesmo número de xogadores no campo, continuarase
o partido ata que haxa un brilado e este non se salve.
Para brilar a un xogador debe darlle o balón directamente (sen botar antes no chan). Se o xogador colle
o balón antes de que toque o chan, é salvado. Se o balón dá en varios xogadores e acaba caendo no chan,
TODOS os xogadores que tocou serán brilados.
O brilado pasa ao campo de brilados e pode salvarse se brila a un contrario. Se a pelota dá nun xogador 
e a pelota cae ao chan, o xogador será brilado, indepentemente de onde caia a pelota. O última brilado
dun equipo ten un último tiro para poder salvarse. 
O xogo remata cando todos os xogadores de un equipo son brilados ou pasen 20'. Neste último caso, 
o gañador será o que máis partidas completas gañara. Se non se completou ningún partido, o gañador 
será o que teña máis xogadores no campo nese momento.
NON SE PODEN PISAR AS LIÑAS EN NINGÚN MOMENTO. 
Cando se pise a liña, anularase o tiro e se lle dará un aviso a todos os xogadores recordando a norma, 
á segunda vez, o xogador que incumpra a norma será eliminado.

No hay comentarios: