Seguidores

viernes, 15 de junio de 2018

Normativa tenis de mesa

                                              
-Xogarase ao mellor de tres xogos (sets), e cada xogo é a 11 puntos con    diferenza de 2.

-O primeiro xogador en sacar (servizo) determínase de forma aleatoria. Cada xogador sacará dúas veces pasando a continuación o saque ao xogador ou parella contraria. Non fai falta sacar en diagonal.O xogador que comeza nun lado nun xogo (set) deberá cambiar de lado no seguinte xogo do partido. No último xogo do partido os xogadores cambiarán de lado cando o primeiro xogador anota 5 puntos.

-Un servizo realízase pondo a pelota na palma da man. Lánzase polo menos a 16cm de altura e golpéase de forma que dea o primeiro bote no lado da rede do xogador que serve. Despois deste primeiro bote, a pelota debe botar no lado do opoñente antes que este lle dea coa súa pa.

-Cando un xogador golpea a pelota, non pode botar no seu lado, pero si pode dar un bote no lado do opoñente. Un xogador gaña un punto se a pelota dá dous botes ou máis no lado do opoñente; se o adversario golpea a pelota e esta cae fóra da mesa sen que botase no outro lado ou a golpeou o outro xogador ou se o opoñente golpea a pelota e bota primeiro no seu lado da mesa.

-Mentres a pelota está en xogo non se permite mover a mesa nin tocala con calquera parte do corpo ou obxecto que non sexa a pa. Será punto para o contrario.
Resultado de imaxes para tenis de mesa

No hay comentarios: